PURAGA, certifica que a carne vendida na que apareza o noso logotipo pertence a cabalos de pura raza galega criados de xeito tradicional.


O logotipo de Puraga no etiquetado das canais e productos cárnicos certifica que pertencen á animais de Pura raza Galega criados de xeito tradicional.


Tlf.: 638 566 860
Email: puraga@puraga.es

Carne de potro gallego

Os poldros galegos levan vivindo nos nosos montes desde fai milleiros de anos, formando parte da nosa paisaxe, da nosa cultura e do noso medio ambiente. Levados pola pasión de criar de xeito tradicional estes magnificos animais creamos esta paxina web, para ofrecer ao consumidor unha carne de primeira calidade, baixa en graxa, alta en proteina e moi rica en ferro.

Intentamos chegar ao consumidor final, de xeito que poidamos ofrecer uns prezos competitivos, nos que desaparezan intermediarios, desde o gandeiro ao cliente, ao tempo que garantimos tanto a trazabilidade, con animais correctamente identificados, coma o cumprimento do regulamento sanitario por medio de matadeiros e salas de despece autorizadas.

Vendemos canais de poldro galego duns 70-90 kg de media, a un prezo de 2 euros kg. Son animais pequenos, caracteríscos da nosa raza pero en bo estado de carnes. A este prezo en orixe hai que lle engadir o transporte ata matadeiro,o sacrificio e o despece.

CARNEDEPOTROGALLEGO.COM
Pazo de Quiáns, s.n
Sergude - Boqueixón